top of page

O Concello de Silleda reforza a cardioprotección con novos desfibriladores

Instalouse un no campo de fútbol de Mularedos, en Lamela, e o do Centro Social de Silleda reubicouse na Casa do Concello


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa dando pasos firmes cara á mellora da seguridade e a cardioprotección da veciñanza. Así, vense de instalar un novo desfibrilador nas instalacións municipais do campo de fútbol de Mularedos, na parroquia de Lamela, co que son xa 5 as unidades que figuran en distintas dependencias do concello. Deste xeito, as instalacións deportivas municipais suman novos elementos de cardioprotección, que xa figuran no recinto deportivo de Silleda (campo de Outeiriño-Joselu Mato, pavillón César Fares e Piscinas) e no campo da Gandareira, na Bandeir, localidade na que tamén hai outro instalado no auditorio Municipal Manuel Dopazo.

Por outra banda, ademais da nova instalación, tamén se vén de facer unha reorganización de dispositivos. Así, o desfibrilador que ata agora se atopaba no Centro Social de Maiores de Silleda foi trasladado á Casa do Concello, co obxectivo de ofrecer unha resposta máis áxil e eficaz en caso de emerxencia tendo en conta a centralidade do edificio e a cantidade de persoas que pasan pola casa consistorial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este cambio responde tamén á cercanía do Centro Social co Centro de Saude de Silleda, situado xusto ao seu carón, e con atención durante todo o día ao atoparse tamén aló o Punto de Atención Continuada (PAC).


Como parte do compromiso coa saúde e seguridade da cidadanía, o Concello de Silleda ten previsto desenvolver nas vindeiras semanas cursos específicos para o persoal municipal sobre o uso e manipulación destes dispositivos. Esta formación permitirá reforzar a capacidade de resposta ante posibles paradas cardiorrespiratorias.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dende o Concello, onde tamén se organizou o mes pasado en colaboración co Centro de Saúde un curso de primeiros auxilios para clubs deportivos, lémbrase a importancia de contar con dispositivos deste tipo en espazos públicos.

Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page