top of page

O Concello de Silleda desvincúlase da empresa que tiña adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar

O goberno municipal garantiza a prestación do servizo e busca a mellor fórmula

tanto para as traballadoras da empresa como para as persoas usuarias


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de desvincularse da empresa que tiña adxudicado o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A firma Pedroso y Rojas presentou esta mañá un escrito solicitando a resolución do contrato pola imposibilidade de asumir o seu custe económico e que se fará efectiva o vindeiro luns día 31. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, mantiveron esta mesma mañá un encontro cos responsables da empresa, que amosaron a súa vontade de cooperar e trasladará ao Concello de Silleda na maior brevidade toda a documentación relativa ao personal.

“Dende o Concello estamos xa a traballar na mellor solución tanto para as traballadoras do servizo como para as persoas usuarias”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, garantindo a prestación “dun servizo esencial para os nosos veciños e veciñas”. Dende os servizos xurídicos do Concello estase tamén a traballar ante a nova situación do servizo.

O pasado día 30 de decembro, Cuiña e outros membros do goberno mantiveron unha xuntanza cas representantes sindicais das traballadoras para analizar cuestións técnicas relacionadas ca situación contractual da empresa concesionaria do servizo despois de que a central sindical denunciara o impago e retraso nas nóminas.


Dende o goberno municipal Manuel Cuiña explicou xa daquela que os servizos técnicos estaban a estudar distintas cuestións e que se analizaría toda a documentación que presentara o personal para tratar de dar solución á problemática existente, ademais de explicar todos os pasos dados polo Concello de Silleda dende que se coñeceron os embargos á empresa por parte da Seguridade Social.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page