top of page

O Concello de Palas mellorará os accesos ao centro de saúde e a rúa da Paz cunha axuda da Xunta

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei recibe unha axuda de 20.000 euros para o aglomerado de dúas rúas de Palas, concretamente, procederase coas obras nun tramo dos accesos ó Centro de Saúde e noutro da Rúa da Paz.


Dita axuda económica foi aportada pola Consellería de Presidencia, permitirá o acondicionamento destas dúas importantes vías urbanas, dado que unha delas facilita o acceso ó PAC Comarcal (Palas-Monterroso-Antas), así como, á base Comarcal de Ambulancias e o campo de fútbol, piscina e Polideportivo municipiais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde, Pablo Taboada, agradece o respaldo da Xunta de Galicia con esta importante e necesaria axuda económica que redundará na mellora dos servizos do Concello.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page