O Concello de Palas de Rei pon en marcha unha ludoteca municipal para nenos de 3 a 12 anos
Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei pon en marcha un novo servizo de ludoteca nas instalacións do colexio da localidade. Trátase dun espazo de lecer, dirixido a nenos/as de entre 3 a 12 anos, onde, a través do xogo e do aprendizaxe contribúan ao desenvolvemento infantil tanto a nivel físico como mental.
Realízase mediante unha serie de obradoiros infantís, cunha metodolóxía activa e participativa. Persoal especializado na área encargarase da atención dos cativos que participen no mesmo. O servizo de ludoteca estará aberto os días laborales, de luns a venres, en horario de 16:00 horas a 20:00 horas e contribúe a facilitar aos pais e nais ou tutores legais a conciliación da vida familiar e laborar xunto co servizo de madrugadores en
funcionamento en horario de 7:30 a 9:45 horas.








Comentarios