O Concello de Palas de Rei descarta a implantación da denominada taxa turística
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei descarta a implantación da denominada taxa turística que grava cunha cantidade económica as pernoitas nos Concellos turísticos. Logo da súa aprobación na Coruña e en Santiago, parece que hai outros concellos que apostan pola súa creación. Neste sentido varias asociacións representativas do sector hostaleiro amosaban a súa disconformidade coa medida adoptada polos gobernos nacionalista e socialista das dúas ciudades. A taxa que oscila entre 1 e 3 euros sería xestionada polos entes locais.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, tranquilizou a hostalaría local confirmando que “o Concello palense non adoptará esa medida e menos de cara o Xacobeo 2027 que se presenta como unha gran oportunidade para o sector que é un dos piares básicos da economía local”.
Publicidade
O rexedor palense reclamou “máis financiación para os pequenos concellos turísticos por parte do Goberno Central” e solicitou que a financiación especial que reciben os municipios turísticos de máis de 20.000 habitantes se estenda a todos sin esa “discriminación por habitantes, xa que o mesmo dereito deberían ter os de menor poboación, caso por exemplo de Palas de Rei e que soportan gastos extraordinarios como consecuencia da afluencia turística. Consideramos que tanto dende a Fegamp e desde a Femp deben traballar para que todos os Concellos teñan os mesmos recursos independientemente da súa poboación. Neste caso, todos os do Camiño Francés en Galicia salvo Santiago deberían recibir financiación extraordinaria para facer fronte ó sobrecuste de atender a máis de 230.000 persoas que percorren a ruta no 2024” destaca Pablo Taboada.
Publicidade
Segundo o rexedor "só reciben unha axuda da Xunta de Galicia a través da dirección Xeral de turismo en función dos quilómetros de Camiño que transcorren por cada municipio". Pero “debería ser o Goberno de España, que a través da participación nos tributos do Estado, quen completará esa financiación extra para os pequenos Concellos Turísticos como só o está a facer coas grandes localidades” reclama Pablo Taboada.









Comentarios