top of page

O Concello de O Pino abre o prazo de inscricións para o programa Vai de Auga

As persoas beneficiarias poderán gozar de cinco sesións no circuíto lúdico termal Acquaform de Cuntis


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino promove un ano máis un dos programas máis demandados por parte da veciñanza: Vai de Auga. Esta iniciativa, que une as vantaxes terapéuticas das augas termais coa oportunidade de estreitar lazos e socializar, facilita o desprazamento semanal das persoas do municipio a un balneario. Como en anteriores edicións, as persoas beneficiarias gozarán de ata cinco sesións no Acquaform Termas de Cuntis con saída dende a Praza do Concello todos os mércores entre o 15 e 29 de maio, así como 5 e 12 de xuño.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe tanto as sesións termais como o desprazamento de ida e volta gratuíto grazas ao financiamento do Concello do Pino. O

autobús partirá ás 16.30 horas da Praza do Concello e regresará ao remate da sesión.

As persoas interesadas en recibir información sobre o programa Vai de auga poden chamar á Casa da Cultura ao número de teléfono 981 511 065. A reserva de prazas e a inscrición levarase a caso no rexistro do Concello.


Publicidade

As prazas son limitadas e cubriranse por rigoroso orde de inscrición. No caso de que se apunten menores deberán estar supervisados por unha persoa adulta.


Publicidade

Cabe recordar que na edición de 2023 uns 40 veciños e veciñas do municipio participaron neste programa. Entre os aspectos que máis agradecen os usuarios e usuarias de Vai de Auga están tanto as vantaxes terapéuticas para moitas das súas doenzas como a posibilidade de manter unha vida un pouco máis activa.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page