O Concello de Monterroso amplía os campamentos infantís de verán
- ecosdacomarca

- 28 ago 2023
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
O Goberno local do Concello de Monterroso decidiu, tras a peticion das familias, que os campamentos infantís a partir de 6 anos se amplien unha quincena máis, dende hoxe, luns 28 de agosto, ao venres 8 de setembro, ambos incluídos.

Os nenos e nenas xa inscritos só teñen que solicitar unha ampliación de quincena. E para novas solicitudes será preciso cubrir unha matrícula.
Publicidade
Os campamentos de verán son compatibles cos campamentos de informática. Os nenos e nenas que decidan asistir a ambos serán acompañados polos monitores, que se
encargarán de levalos e recollelos no Centro Sociocultural.
Publicidade
Desta maneira o Goberno local contribúe na conciliación familiar dos pais e nais, ao tempo que ofrece actividades lúdicas e formativas para os nenos e nenas de Monterroso.
Para máis información, os interesados poden preguntar no Espazo Lorenzo Varela.








Comentarios