O Concello de Melide estrea nova web de apoio ao comercio local
- Laura Moure

- hace 11 horas
- 1 Min. de lectura
Permitirá difundir de maneira áxil as campañas municipais e as iniciativas de dinamización comercia
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide pon en marcha mercamelide.gal para para dar máis visibilidade aos negocios e establecementos do municipio. A nova páxina permitirá difundir de maneira áxil as campañas municipais e as iniciativas de dinamización comercial.

A plataforma ofrece unha listaxe dos distintos comercios organizados por áreas e conta tamén cun apartado específico no que se recollen as accións e iniciativas de apoio ao sector.
Publicidade
O obxectivo é crear un escaparate online onde atopar produtos e servizos do comercio melidá. Trátase dun proxecto aberto e en evolución adaptado ás necesidades do tecido comercial local.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, salienta que é unha "nova ferramenta de apoio ao comercio" e que o apartado de contacto "pretende ser unha canle de comunicación a través da cal poidan enviar suxestións e propostas de apoio ao comercio local".
Publicidade
Podes acceder á nova plataforma e descubrir todo o que ofrece o comercio melidá en https://mercaenmelide.gal/








Comentarios