top of page

O Concello de Melide abre hoxe o prazo para solicitar as axudas a prol da natalidade

Poderán beneficiarse os pais e nais empadroados en Melide con fillos ou fillas nacidos ou adoptados entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide hoxe, 1 de setembro, o prazo para solicitar as axudas a prol da natalidade correspondentes ao ano 2026. As bases reguladoras da convocatoria publicáronse onte no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e establecen como data límite para a presentación de solicitudes o 16 de novembro.

A convocatoria está dirixida aos pais e nais empadroados en Melide con fillos ou fillas nacidos ou adoptados entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026. Para

acceder ás achegas, os pais, ou polo menos un deles, deberán estar empadroados no

Concello de Melide cunha antelación mínima de seis meses á data do parto ou adopción.

Os nenos e nenas deberán, pola súa banda, estar inscritos no padrón municipal.


O Concello destina un total de 15.000 euros a esta convocatoria, que contempla achegas de ata 300 euros por cada fillo ou filla nacido ou adoptado no período establecido. Na

convocatoria do pasado ano, o Concello de Melide concedeu 37 axudas a prol da

natalidade, atendendo todas as solicitudes presentadas que cumprían os requisitos

establecidos nas bases.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A través desta iniciativa, o Concello busca establecer medidas complementarias de apoio ás unidades familiares de Melide mediante mecanismos que contribúan a fixar poboación

e evitar o despoboamento.


Requisitos e presentación de solicitudes

As bases establecen tamén que a persoa solicitante deberá comprometerse a continuar empadroada no Concello, xunto co seu fillo ou filla, durante un período de catro anos

desde o nacemento ou adopción. O empadroamento deberá supoñer a residencia

efectiva, polo que deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do Concello de

Melide.


As solicitudes deberán cubrirse no modelo normalizado incluído como Anexo I nas bases,

asinarse e presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Melide. Deberán acompañarse

da documentación requirida, entre a que se inclúe a fotocopia compulsada do libro de

familia e do DNI da persoa solicitante; a copia do auto xudicial no caso de adopción; a

declaración xurada das axudas solicitadas ou recibidas coa mesma finalidade; os

compromisos de empadroamento e de devolución da axuda no caso de incumprimento

dos requisitos; a certificación dos datos bancarios e os certificados de estar ao corrente

das obrigas tributarias coa Administración estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As achegas son compatibles con outras axudas coa mesma finalidade que poidan obterse

doutros organismos públicos.


As bases completas da convocatoria e o Anexo I para presentar a solicitude poden

consultarse e descargarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page