top of page

O Concello de Boimorto organiza obradoiros para nenos de entre catro e 12 anos no mes de agosto

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Hai prazas limitadas e os interesados deberán anotarse ata dous días antes da actividade


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto organiza obradoiros para nenos e nenas de entre catro e 12 anos durante o mes de agosto. Serán na área recreativa da piscina ás 16:30 horas. Durante estas actividades os cativos poderán facer experimentos científicos, pulseiras, marionetas e chaveiros.


Os interesados deberán anotarse ata dous días antes do obradoiro no teléfono: 981 516 020 (preguntando por Eva) ou no correo cultura@boimorto.es


Hai prazas limitadas para poder cumprir os protocolos Covid-19. A participación será gratuíta posuíndo o carnet de actividades municipais. (Terán preferencia os empadroados neste municipio).

Música teatral

Ademais, a área recreativa da piscina acollerá o 30 de xullo a actividade Brinca vai! De aquí a acolá! a cargo do músico teatral Paco Nogueiras. Será ás 12:30 horas e haberá aforo limitado.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page