Inclúe un obradoiro para pintar cerámica, outro para facer centros de flores de Nadal e ademais, como novidade terá lugar un concurso de decoración e iluminación de Nadal
Laura Moure/Boimorto
O Concello de Boimorto celebra o II Mercado de Nadal o 14 e 15 de decembro no pavillón municipal. Inclúe un obradoiro para pintar cerámica, outro para facer centros de flores de Nadal e ademais, como novidade terá lugar un concurso de decoración e iluminación de Nadal.
Así haberá dous obradoiros de "pinta a túa cerámica", un destinado a familias e outro a adultos. Hai prazas limitadas e os interesados teñen que anotarse previamente a través do correo cristina.tato@boimorto.es Toda a información do curso nas imaxes:
Tamén haberá un obradoiro de centros de flores de Nadal para os adultos e as prazas tamén son limitadas.
Publicidade
Unha das novidades desta edición é o concurso de decoración e iluminación de Nadal dividido en dúas categorías:
Categoría A: casas e vivendas
Categoría B: colectiva
Podes anotarte no concello antes do 9 de decembro. Haberá premios para os mellores!
Comments