O Concello de Arzúa vén de anunciar a programación municipal de actividades para o curso 2025–2026
- Laura Moure

- 19 sept 2025
- 2 Min. de lectura
"É unha oferta que combina continuidade e renovación, coa vontade de garantir o acceso universal á cultura e ao deporte como dereitos fundamentais", sinalan dende o Concello
Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa vén de anunciar a programación municipal de actividades para o curso 2025–2026, unha oferta que combina continuidade e renovación, coa vontade de garantir o acceso universal á cultura e ao deporte como dereitos fundamentais. Este ano reforzáronse as disciplinas máis demandadas:
Patinaxe: pasa de 2 a 3 horas semanais.
Zumba: pasa de 2 a 4 horas semanais.
Ioga: pasa de 2 a 4 horas semanais. Ademais, incorpórase pilates como actividade nova.
A programación abrangue propostas para todas as idades —desde a infancia ata as persoas maiores— como ximnasia de mantemento, tenis, danza moderna, bailes afrolatinos, pintura ou club de lectura. As actividades desenvolveranse nos espazos municipais habituais: Pavillón Municipal do Viso, Multiusos Terra do Queixo, Biblioteca Municipal e Edificio María Mariño.
PUBLICIDADE
José Luis García, concelleiro de Cultura recalca que "un ano máis apostamos por estas actividades porque sabemos que son moi demandadas pola veciñanza. Son propostas que unen xeracións, crean vida comunitaria e serven para que todas e todos poidan participar na cultura de maneira activa.”
Pola súa banda, Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa e responsable das competencias en Deportes sinala que "aumentamos as horas de ioga, patinaxe e zumba, e engadimos unha nova actividade, pilates, seguindo as suxerencias que cada fin de curso nos transmite a veciñanza. Facémolo acompañando do investimento municipal correspondente, co obxectivo de que ninguén quede fóra destas actividades que son necesarias para coidar a saúde, para que as familias poidan conciliar, para que a rapazada teña espazos de aprendizaxe e lecer e para que as persoas maiores se manteñan activas.”
PUBLICIDADE
Prazos de inscrición
Ordinario: do 23 ao 30 de setembro.
Extraordinario: do 1 ao 31 de outubro. As inscricións realizaranse na Oficina de Cultura e Deportes (Edificio Sociocultural María Mariño, R/ Padre Pardo, 33, 1º), en horario de 8:30 a 14:00 h. Para formalizar a inscrición é preciso facilitar número de conta bancaria. As actividades realizaranse sempre que se acade grupo mínimo. No Club de lectura, o prazo ordinario é para renovacións e o extraordinario para novas altas se hai prazas dispoñíbeis.
Idades, horarios, cotas e espazos: toda a información figura na circular oficial das actividades municipais 2025–2026. Podedes consultala no seguinte PDF:








Comentarios