top of page

O Concello de Arzúa reparte entre a veciñanza o calendario municipal do ano 2026

O almanaque este ano pon en valor e convida á reflexión sobre diversos temas de benestar social


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario municipal do ano 2026 de forma gratuíta.

ree

Coincidindo coa feira do vindeiro luns 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao mercado a partires das 11:30 horas na entrada do Multiusos Terra do Queixo. Nesa mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do martes 23 as persoas interesadas tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes, Centro Municipal de Maiores e Biblioteca Municipal. Tamén haberá exemplares nas librarías Anagrama, Díaz e Os Picariños.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Nos vindieros días os veciños e as veciñas das parroquias poderán recollelo nos correspondentes locais sociais. En Viñós estarán dispoñibles na igrexa parroquial e en Figueiroa e Tronceda farán o reparto os seus alcaldes pedáneos.


Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano a poñer en valor e a convidar á reflexión sobre diversos temas de benestar social baixo o título Tecendo vínculos. Pequenos xestos, grandes cambios. Así, ademais de consultar, por exemplo, os festivos ou as lúas, cada mes poderase ver unha fotografía que levará unha frase relacionada sobre aspectos tan importantes como a solidariedade, igualdade, saúde mental, envellecemento activo ou o acceso á vivenda digna.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O concelleiro de Cultura, José Luís García, destacaba esta mañá que “co calendario do 2026 queremos invitar á cidadanía a reflexionar, a informarse e a implicarse. O benestar social non é un concepto abstracto, constrúese día a día, dende o colectivo, poñendo ás persoas no centro das políticas públicas e lembrando que ninguén debe quedarse atrás. O 2026 será un ano para mirar o noso entorno con máis empatía, responsabilidade e cohesión social”. García aproveitou a ocasión para “felicitar as festas a toda veciñanza e desexar un bo e próspero ano novo”. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page