top of page

O Concello de Arzúa leva a cabo este mes unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas

Farase do 10 ao 12 de maio


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias. Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plástico e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia.

Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola ( en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). Ademais o Concello recalca que os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar as labores de retirada.


O servizo de recollida pasará a retirar os plásticos nos días, horas e lugares que se sinalan

deseguido:


MÉRCORES, 10 DE MAIO

  • 9:00 horas: BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de Abaixo.

  • 9:30 horas. FIGUEIROA, no Curro.

  • 10:00 horas. A CASTAÑEDA, no campo da festa.

  • 10:30 horas. VILANTIME, no campo da festa.

  • 11:30 horas. MAROXO, no campo da festa.

  • 12:00 horas. BRANDESO, no campo da festa.

  • 12:30 horas. VIÑÓS, no campo da festa.

  • 13:00 horas. TRONCEDA, xunto á escola.

  • 13:30 horas. DOMBODÁN, no campo da festa

XOVES, 11 DE MAIO

  • 9:00 horas. BRANZÁ, xunto á Igrexa.

  • 10:00 horas. PANTIÑOBRE, ao carón da escola.

  • 11:30 horas. LEMA, no campo da festa.

  • 12:00 horas. RENDAL, no campo da festa.

  • 12:30 horas. A MELLA, detrás do local social.

  • 13:30 horas. VILADAVIL, xunto a pista polideportiva

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

VENRES, 12 DE MAIO

  • 9:00 horas. SANTA MARÍA, no cruce de Seixas.

  • 9:30 horas. SANTO ESTEVO, xunto á igrexa.

  • 11:00 horas. SAN MARTIÑO, no campo da festa

  • 12:30 horas OÍNS, no campo da festa.

  • 13:00 horas. DODRO, xunto á igrexa.

  • 13:30 horas. BURRES, ao carón da escola.


"Prégase colaboración por parte dos veciños e veciñas respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira", subliña o Concello.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page