top of page

O Concello de Arzúa inicia obras de mellora en camiños da parroquia de Santa María

A intervención inclúe a reparación dos puntos deteriorados do firme e a renovación da capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa iniciou estes días novos traballos de mellora en camiños da parroquia de Santa María, cunha actuación que permitirá renovar o firme nun treito de arredor de 110 metros de lonxitude e uns 5 metros de ancho medio, ademais de mellorar a drenaxe da zona.

A intervención inclúe a reparación dos puntos deteriorados do firme e a renovación da capa de rodaxe mediante tratamento asfáltico. Así mesmo, executarase unha rede de pluviais de preto de 95 metros, destinada a canalizar correctamente as augas da choiva e evitar a acumulación de auga no camiño.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Os traballos complétanse coa limpeza das gabias ao longo de todo o trazado e coa reposición dun pequeno tramo de pavimento de formigón, contribuíndo a mellorar as condicións de circulación e a conservación do vial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Esta actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da rede viaria na parroquia de Santa María, que contempla tamén a intervención no camiño entre Fonxe e Agra de Vales. Unha vez rematados os traballos neste punto, as obras continuarán nese treito, onde se renovará o firme ao longo de máis de 600 metros e se realizarán tarefas de limpeza das gabias.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page