top of page

O Concello de Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia.

Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. O extracto da convocatoria saíu publicado no BOP número 154 de onte, 14 de agosto.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional, sendo clave as festas parroquiais. Procede polo tanto fomentar e incentivar a celebración das mesmas, e para isto o Concello de Arzúa colabora economicamente coas diferentes entidades organizadoras.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 17 de agosto ao 11 de setembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tanto as bases da convocatoria como os formularios necesarios para a solicitude están a disposición das entidades interesadas na páxina web www.arzua.gal e na Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page