top of page

O Concello de Arzúa comezará o día 22 durante a feira o reparto do calendario do ano 2023

Esta edición o almanaque convértese nun receitario coas tapas gañadoras das últimas 12 edicións Concurso de tapas e petiscos da Festa do Queixo


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2023 de forma gratuíta. Coincidindo coa feira deste xoves, 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes a partires das doce do mediodía na entrada do Multiusos Terra do Queixo.

Durante esa mañá repartiranse os primeiros 500 exemplares ata fin de existencias. A partir do día seguinte, o venres 23, os interesados tamén poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. Tamén se fará un reparto por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.


Na vila estarán dispoñibles nos locais colaboradores coa elaboración do calendario deste ano: Encontro, La Bodega de José, Casa Chelo, Café Teatro, Ultreia, Restaurante Fonte do Picho e Pensión O Gloman. Tamén haberá exemplares nas librarías e piscina climatizada.


Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, contactando co seu alcalde pedáneo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano ao Concurso de tapas e petiscos da Festa do Queixo que cada ano convoca o CRDOP Arzúa-Ulloa en colaboración co Concello de Arzúa. Así, o almanaque convértese nun receitario coas tapas gañadoras das últimas doce edicións coas correpondentes descricións das elaboracións, ingredientes necesarios, tempo de cociñado e a indicación dos establecementos gañadores de cada edición. Cada receita acompáñase tamén

de cadansúa fotografía baseadas nas elaboracións orixinais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page