top of page

O Concello de Arzúa acollerá esta fin de semana AstroGalicia 2025, a festa das estrelas

Reunirá a persoas investigadoras, divulgadoras e afeccionadas á astronomía, cun completo programa que inclúe charlas especializadas, obradoiros, seminarios, observacións solares e nocturnas, así como actividades paralelas abertas ao público


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa acollerá esta fin de semana, os días 20 e 21 de decembro, unha nova edición de AstroGalicia 2025, a undécima dun evento xa consolidado que converte o municipio nun punto de encontro de referencia para a divulgación científica e a astronomía en Galiza.

ree

AstroGalicia reunirá en Arzúa a persoas investigadoras, divulgadoras e afeccionadas á astronomía, cun completo programa que inclúe charlas especializadas, obradoiros, seminarios, observacións solares e nocturnas, así como actividades paralelas abertas ao público. As inscricións aos cursos continúan abertas e poden realizarse a través da web oficial do evento, onde tamén se pode consultar a programación completa:



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

AstroGalicia contará coa participación de persoas relatoras de recoñecido prestixio no ámbito da astronomía e da divulgación científica, como Ana Ulla Miguel, vinculada á misión Gaia; Francisco Javier Castander, investigador asociado á misión espacial Euclid; Ricardo Rizzo, especialista no estudo das estrelas masivas; Salvador Bará Viñas, referente internacional na análise do impacto das megaconstelacións de satélites; Raúl Hussein, divulgador e experto en astrofotografía, ou Martin Pawley, divulgador científico, entre outras persoas participantes.


As observacións astronómicas, tanto solares como nocturnas, permitirán achegar o ceo ao público xeral, mentres que as persoas inscritas poderán participar en obradoiros prácticos e seminarios centrados na iniciación á astronomía, a astrofotografía, o uso de datos científicos e novas ferramentas de observación.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O evento complétase cunha programación paralela, que inclúe exposicións e unha tendiña con libros de divulgación e materiais relacionados coa astronomía, reforzando o carácter divulgativo e participativo da cita.


O alcalde de Arzúa, Xesús Carril, sinalou que AstroGalicia “reúne propostas dunha altísima calidade e sitúa Arzúa como epicentro da divulgación científica galega durante toda a fin de semana, grazas á presenza de poñentes de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page