O Concello de Antas de Ulla remata unhas obras para mellorar a accesibilidade do Consistorio
- ecosdacomarca

- 25 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla rematou unhas obras para mellorar a accesibilidade do edificio da Casa Consistorial, dándolle así un mellor servizo aos veciños e veciñas. O Concello conta agora cun novo ascensor, baños adaptados a persoas con mobilidade reducida e unha porta acristalada de acceso, mellorando así a eficiencia enerxética das instalacións.
Publicidade
“Unhas actuacións coas que melloramos a casa de todos veciños e veciñas, impulsando a accesibilidade e a comodidade das instalacións”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.
Publicidade
Para realizar os traballos, o Concello obtivo unha subvención da Xunta de Galicia con fondos europeos destinada “a concellos e mancomunidades para actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal”.








Comentarios