top of page

O Concello de Antas de Ulla lanza unha campaña para axudar á veciña a que lle ardeu a súa vivenda

A afectada, María Fuertes, atópase aloxada nun establecemento da localidade, á espera de poder trasladarse a outra casa


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla informa dunha campaña solidaria para axudar a María Fuertes, a veciña do municipio que perdeu a súa casa este domingo, ao ser calcinada polo lume. O suceso tivo lugar na parroquia de Santiso. "Poñemos en marcha esta iniciativa solidaria coa fin de canalizar as axudas", explica a administración local.


María Fuertes, propietaria do inmoble, facilita un número de conta no que as persoas que o desexen poden facer os seus donativos.


ES11 0238 8248 7607 0065 4679. Banco Santander.


"A determinación de abrir unha campaña de solidariedade con esta veciña tomouse despois de comprobar o alcance dos danos, que deixaron a vivenda totalmente arrasada polas lapas. A casa era de madeira e quedou inservible. María atópase aloxada nun establecemento da localidade, á espera de poder trasladarse a outra vivenda", sinala o Concello, quen agradece a colaboración dos veciños e veciñas ante unha situación de especial vulnerabilidade. "Se alguén quere facer outro tipo de doazón, que non sexa monetaria, pode dirixirse aos servizos sociais do Concello de Antas de Ulla", engade.

O incendio da casa de Antas. Autor: Bombeiros Chantada.

NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page