top of page

O Concello de Antas de Ulla fará entrega o mércores da Medalla de Ouro do Municipio ao SAF

O goberno local recoñece así a labor das traballadoras durante a pandemia


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla fará entrega o mércores día 22 da Medalla de Ouro do Municipio ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) polo traballo levado a cabo durante a pandemia. Trátase dun recoñecemento que foi proposto polo equipo de Goberno e aprobado pola unanimidade da Corporación no mes de setembro do 2020.


O Goberno local recoñece así a labor das traballadoras durante a pandemia, unha distinción que estende tamén a todas aquelas persoas que formaron parte do servizo municipal de Axuda no Fogar desde a súa entrada en funcionamento, hai máis de 25 anos. Ademais de facer entrega da Medalla de Ouro do Municipio, as traballadoras recibirán un diploma e un obsequio institucional.


Proxecto documental

A gala servirá tamén para estrear o documental Axuda no Fogar no que as traballadoras e os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Antas de Ulla contan a súa experiencia durante a pandemia e o seu día a día. Un traballo audiovisual co que o Concello de Antas de Ulla pretende “que se coñeza un pouco máis a importantísima labor que levan a cabo estas mulleres e o moito que se lles estima”, resume o rexedor, Javier Varela.


O acto será na Praza Nova ás 13:30 horas e está aberto a quen queira asistir.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page