top of page

O comercio de Melide prepárase para un outubro cheo de campañas de dinamización comercial

hace 13 horas
2 min de lectura

Laura Moure/Melide

A Asociación de Empresarios e Empresarias da Terra de Melide pon en marcha dúas iniciativas para dinamizar o comercio de proximidade da localidade durante o mes de

outubro: a campaña Vive o Samaín no comercio local e Aberto os domingos. Ambas buscan incentivar as compras e reforzar a visibilidade dos establecementos asociados.

A iniciativa de Aberto os domingos busca reforzar as vendas nos establecementos que abren en domingo e celebrarase os días 18 e 25 de outubro. Nesta campaña poderán participar todas as persoas que compren, por valor de 30 euros nun só tícket ou en varios, nos comercios e locais de hostalería asociados durante os domingos sinalados. Entre as compras realizadas que se suban á App de Asetem sortearanse 20 vales de 10 euros para gastar nos establecementos adheridos. O sorteo desta iniciativa realizarase o martes 27 de outubro e o nome das persoas gañadoras publicarase nas redes sociais e na páxina web da entidade empresarial.


Os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro celebrarase a campaña O Samaín no comercio local que combinará reparto de caramelos, participación nas redes sociais e sorteos de vales de compra. Todas as nenas e nenos que acudan disfrazados, na tarde do venres 31, aos comercios adheridos á campaña, os cales se identificarán pola decoración con globos negros, recibirán doces e lambetadas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, as persoas socias das ANPAs colaboradoras que suban unha foto cos seus disfraces ás redes (Facebook ou Instagram) e etiqueten a ASETEM poderán gañar un vale de compra de 100 euros.


Por outra parte, as persoas que merquen nos establecementos asociados os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro poderán subir os seus tíckets á App de Asetem entrarán no sorteo de 4 vales de 50 euros. O sorteo de todos os vales de compra realizarase o 4 de novembro e publicaranse os nomes das persoas gañadoras na páxina web e redes sociais da Asociación empresarial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Dende a directiva da Asociación fan fincapé en que “con estas dúas campañas, Asetem CCA reforza a actividade comercial nun período clave e de actividade máis baixa, combinando a participación da clientela, dos nenos e nenas, e os incentivos directos ao consumo”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page