top of page

O colectivo Berce do Ulla reuniuse co PSOE de Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta semana o grupo municipal do PSOE de Palas de Rei mantivo unha reunión con representantes do colectivo Berce do Ulla, unha asociación de ámbito comarcal, que lles

trasladou a súa preocupación ante o crecente interese de diversas empresas pola instalación de plantas industriais de produción de biogás na comarca da Ulloa.

"Puidemos coñecer deste xeito o traballo e posicionamento da Asociación, que nos manifestou as súas inquedanzas sobre o impacto ambiental, social e territorial que este tipo de proxectos poderían ter para o conxunto da comarca. Dende o noso grupo político levamos xa ao pleno municipal unha pregunta relativa a esta problemática. Malia á información que se manexa a día de hoxe, o alcalde afirmou nese momento que non existía ningunha proposta desta natureza para o noso concello", sinala o PSOE.


E recalca que "a nosa postura ao respecto é moi clara: nunca apoiaremos un modelo de desenvolvemento industrial que represente unha ameaza para os intereses da veciñanza e do territorio. Neste sentido, esixiremos rigor, responsabilidade e prudencia á hora de avaliar propostas desta natureza, posto que non existe ata a data unha lexislación propia que regule estas actividades, unha demanda compartida por tódolos colectivos organizados ao longo do país críticos con este tipo de instalacións".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Defendemos, e sempre o faremos, un modelo de desenvolvemento industrial que poña en valor o noso tecido produtivo, que xera riqueza e que representa a verdadeira economía circular, fronte a todas aquelas alternativas que miran ao noso territorio co único obxectivo de aproveitar os nosos recursos a baixo custe e acceder a axudas públicas sen asumir ningún tipo de responsabilidade social e ambiental".





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page