top of page

O CIM de Arzúa organiza unha charla sobre os pasos posteriores á regularización extraordinaria

27 sept
2 min de lectura

A cita será o 5 de outubro na Casa das Mulleres


Laura Moure/Arzúa

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Arzúa organiza o vindeiro 5 de outubro unha nova sesión informativa sobre a regularización extraordinaria, centrada nesta ocasión no proceso que se abre despois da súa concesión. A actividade terá lugar de 11:00 a 13:00 horas na Casa das Mulleres de Arzúa, na rúa San Vicente, s/n.

A sesión está aberta a todas as persoas migrantes e realizarase en colaboración co Movemento pola Paz (MPDL). Unha avogada especializada en estranxeiría da entidade explicará os pasos que deben seguirse despois da concesión e resolverá directamente as dúbidas das persoas asistentes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Durante o encontro abordaranse cuestións prácticas relacionadas co proceso, como os posibles requirimentos, o funcionamento da autorización de traballo ou os trámites que deben realizarse unha vez concedida a regularización extraordinaria.


A actividade busca ofrecer información clara e asesoramento nun proceso administrativo que pode xerar dúbidas, especialmente entre persoas que non coñecen en profundidade a normativa ou os recursos aos que poden acudir.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Asesoramento gratuíto todos os meses na Casa das Mulleres

A sesión forma parte da colaboración que manteñen o CIM de Arzúa e o Movemento pola Paz. A través deste acordo, a entidade ofrece todos os meses na Casa das Mulleres un servizo gratuíto de información, orientación e asesoramento xurídico e social, ao que se pode acceder con cita previa.


Este servizo está dirixido principalmente a persoas de orixe estranxeira en situación de vulnerabilidade e permite consultar cuestións relacionadas coa súa situación administrativa, coñecer os recursos dispoñibles e recibir acompañamento para acceder aos seus dereitos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page