top of page

O ciclo Outubro Teatral pecha a súa primeira edición este sábado en Cruces co espectáculo ‘Kyoki’

hace 2 horas
2 min de lectura

A obra, da compañía Elefante Elegante, aborda a temática do esquecemento, a vellez e a soidade

Laura Moure/Silleda

O Concello de Vila de Cruces pecha este sábado a primeira edición do ciclo de teatro Outubro Teatral, organizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do

circuíto +Escénicas. Este sábado o Auditorio Xosé Casal de Cruces acollerá, ás 20:00 horas con entrada de balde, unha proposta moi especial para desfrutar en familia, o espectáculo ‘Kyoki’, da compañía Elefante Elegante.

Esta obra sen palabras e xestual convida a reflexionar sobre o esquecemento, a vellez e a soidade. Kyoki significa “demencia” en xaponés e fai referencia a unha alteración da capacidade para lembrar, pensar ou tomar decisións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Kyoki é unha mirada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que necesitan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista, María Torres, a avoa, a súa filla e a doutora.


A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O xogo teatral baséase no traballo plástico da corporalidade da intérprete e nunha rigorosa sintonía dos xestos coa música instrumental orixinal, definindo una secuencia dramatúrxica na que a imaxe toma un protagonismo total. A posta en escena fundaméntase deste modo na dinámica pictórica da organización do espazo teatral e na narrativa das propias accións físicas que reflicten desexos, sentimentos e todos os estados dramáticos definidos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page