O castelo de Pambre de Palas estará pechado ás visitas este venres, 5 de xuño, debido a unha rodaxe
- ecosdacomarca

- hace 12 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Castelo de Pambre, tal e como informa o Concello de Palas de Rei, estará pechado ás visitas ó público este venres, día 5 de xuño de 2026, por motivo dunha gravación de carácter audiovisual nas súas instalacións.

PUBLICIDADE
Durante este día, tamén permanecerán pechados os accesos á fortaleza, isto é, o vial que conecta o lugar de Pambre co Castelo Medieval e o vial que conecta Sambreixo co castelo ó carón do río. "Prégase desculpen as molestias", sinala o Concello.
PUBLICIDADE
En concreto, rodarase a comedia Machos Alfa dos irmáns Laura e Alberto Caballero para a plataforma Netflix. Esta semana tamén estiveron gravando en Portomarín.








Comentarios