top of page

O cartel do santiagués Ramón Rivas García anunciará a 48ª Festa do Queixo de Arzúa

Fai referencia a escultura da queixeira que loce na praza da vila


Laura Moure/Arzúa

A 48ª edición da Feira do Queixo de Arzúa xa ten cartel!! A organización deu a coñecer hoxe o cartaz gañador: é o número 19 que leva por título Versión Libre, 2023 da queixeira de Arzúa (escultura). O seu autor é Ramón Rivas García de Santiago de Compostela, que recibirá 600 euros.

O cartel gañador.

"O xurado valorou a súa especial integración coa vila, xa que se trata dunha reinterpretación da tradicional escultura que se atopa esculpida en pedra na Praza de Galiza, no centro urbano, neste caso como unha estrela do rock, en pé, e poñendo en valor a parte musical do evento, o festival do queixo", explica a organización.

"Pode apreciarse claramente a figura da queixeira erguida, con xesto de seguridade, e portando neste caso unha guitarra eléctrica amarela", engade.


En total repartíronse 1.000 euros en premios. O segundo premio foi para Begoña Faílde Blanco de Bilbao; o terceiro para Rubén Lucas García, de Torreaguera (Murcia) e o cuarto recaeu en Laura Sanz Fernández de Ordizia, (Guipúkoa). Os interesados poden ver o resto de carteis gañadores no seguinte enlace:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page