top of page

O BNG demanda explicacións no Parlamento pola suspensión da 52ª Edición da Subida a Chantada

Iago Suárez cualifica de “triste e indignante” a noticia coñecida hoxe sobre a suspensión desta proba deportiva “tan importante para Chantada, a Ribeira Sacra e toda Galiza”


Ecos da Comarca/Xeral

O responsábel local do Bloque Nacionalista Galego de Chantada e portavoz da área de deportes do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifestouse este venres ante a noticia da suspensión da 52ª edición da Subida a Chantada, proba puntuable para o Campionato de España de Montaña. Suárez cualificou a nova como “triste e indignante”, destacando que se trata dunha proba “tan importante para Chantada, a Ribeira Sacra e toda Galiza”. A Subida a Chantada, que se celebra dende 1969, é unha das probas máis senlleiras e coñecidas do automobilismo galego e estatal, sendo “un verdadeiro motivo de orgullo” para a veciñanza.


Segundo a comunicación da Escudería Chantada, ente organizador, a suspensión débese á falta de orzamento necesario para garantir a seguridade e calidade do evento.

Foto: Subida a Chantada (Facebook)
Foto: Subida a Chantada (Facebook)

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ante esta situación, Iago Suárez anunciou a presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para “pedir explicacións á Secretaría Xeral para o Deporte acerca desta suspensión dunha das probas máis relevantes do automobilismo galego”. O dirixente nacionalista sinalou que “o goberno galego debe facer todo o que estea na súa man para evitar situacións como esta que tanto poden danar o prestixio dunha proba que é motivo de orgullo”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, Suárez puxo en valor o impacto económico do evento: “Non se trata só da propia proba en si, senón tamén da dinamización económica que esta trae á nosa vila e ao noso concello. Durante a fin de semana da Subida son múltiples os comercios e estabelecementos que se benefician da realización desta, polo que o feito de que se suspenda non é unha cuestión menor nin moito menos”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o BNG de Chantada e desde o Grupo Parlamentar do BNG apelan á colaboración da Xunta de Galicia coas administracións competentes, coa Escudaría Chantada e coa Federación Galega de Automobilismo para “tentar evitar que esta suspensión sexa definitiva e que se encontre a fórmula para que a 52ª edición da Subida a Chantada se poida celebrar en 2026”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page