top of page

O BNG de Lalín organiza un acto aberto á veciñanza o 10 de xuño no museo lalinense

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín continúa cos encontros abertos coa veciñanza cara á elaboración do programa electoral das municipais e o ensanche da organización. Desta volta, o BNG organiza un acto aberto a toda a cidadanía o vindeiro venres, 10 de xuño, a partir das 20:30 horas no Museo Ramón María Aller de Lalín. O acto será presentado por Manuel Carbón, responsábel local do BNG, e intervirá Bieito Lobeira, responsábel nacional de organización.

"Un dos obxectivos do nacionalismo é a difusión do pensamento político das persoas e entidades que traballan pola consecución dun cambio real, o progreso social e a profundización da democracia na perspectiva de acadar unha sociedade galega máis libre, xusta e solidaria", incide o partido nacionalista. "O BNG, como principal expresión política do nacionalismo galego cotemporáneo, acadou en corenta anos de existencia uns niveis de representatividade e apoio social que o colocan nunha posición determinante no panorama político de Galiza. Máis de 300.000 votos que o colocan como segunda forza política do país, con 19 deputados e deputadas, avalan hoxe a súa alternativa de goberno e milleiros de galegos e galegas participan activamente no seu proxecto e iniciativas políticas. Con estes actos queremos facilitar o achegameto á poboación de súas principais liñas ideolóxicas e programáticas, os seus principios organizativos, así como que os asistentes poidan plantexar todas a preguntas que desexen realizar", incide.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page