top of page

O BNG de Arzúa leva a pleno unha moción para mellorar o transporte público no concello

Ecos da Comarca/Arzúa

O Bloque Nacionalista Galego de Arzúa vén de rexistrar unha moción que se debaterá no pleno municipal do vindeiro xoves, 5 de xuño, co obxectivo de reclamar unha mellora urxente no Plan de Transporte Público da Xunta de Galiza no concello. A iniciativa inclúe propostas concretas como a creación dunha liña directa e regular entre Arzúa e os hospitais públicos de Santiago de Compostela, así como o aumento das frecuencias das liñas xa existentes, especialmente da conexión Arzúa-Santiago (XG802001).


A moción tamén demanda que a liña XG34601201 (Boimorto-Mezonzo-A Coruña) deixe de funcionar “a demanda” e se dote de servizos regulares, beneficiando ás parroquias arzuás limítrofes con Boimorto. Así mesmo, o BNG solicita que Arzúa sexa incluída nas políticas de bonificación do transporte, como as tarxetas Xente Nova e +65, garantindo o seu funcionamento efectivo no municipio.

A problemática da mobilidade foi abordada recentemente nunha visita a Arzúa por parte do deputado do BNG no Parlamento galego Paulo Ríos, responsábel das cuestións de mobilidade, e da deputada Iria Carreira. Ambos estiveron acompañados polo alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e polas concelleiras e concelleiros do BNG local. Durante a visita, puideron coñecer de primeira man as dificultades de conexión que sofre a veciñanza e reiteraron o compromiso do BNG con un modelo de transporte público xusto, eficaz e adaptado ás necesidades reais da poboación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais da moción no Concello, o BNG tamén rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego para levar esta demanda ao ámbito autonómico, buscando unha resposta inmediata da Xunta de Galiza.


A portavoz municipal do BNG, Lucía López Sobrado, destacou que “a situación actual é insostíbel e contraria aos principios de equidade e vertebración territorial. Non imos permitir que Arzúa quede atrás por culpa dun modelo de transporte ineficaz e inxusto coa nosa veciñanza”.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page