Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O bar da área recreativa da Cornella abre as súas portas este venres, 4 de xuño

Na apertura e o domingo acollerá sendas actuacións


Laura Moure/Santiso

O verán está xa á volta da esquina e sinal de que está máis cerca ca nunca é que o bar da área recreativa da Cornella, no municipio de Santiso, xa ten data de apertura. O día será mañá, venres 4. Baixo o nome A Cabana da Cornella chega cun cartel cheo de actividades.


O venres 4 a apertura será ás 17:00 horas e a xornada estará amenizada pola charanga Leña Verde. Haberá churrasco e pinchos.


O sábado 5, en horario de 12:00 a 23:59 horas, poderase degustar racións, copas... e tampouco faltará música.


O domingo, 6, tamén abrirá no mesmo horario e pola tarde, actuarán Zeus RB & Santi Pulido.


Seguiranse todas as medidas para frear a pandemia.


E ademais, instalaron unha carpa para celebrar eventos.

A carpa onde celebrarán eventos.

Autor: A Cabana da Cornella.



439 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE