O arzuán Lucas Mera e a súa parella Yuli Cagna participan en La Isla de las Tentaciones
- Laura Moure

- hace 7 horas
- 2 Min. de lectura
Xa é a décima tempada deste programa que se emite en Telecinco
Laura Moure/Arzúa
A nova edición de La Isla de las Tentaciones que se emite en Telecinco segue deixando titulares destacados. Nas últimas horas confirmouse a expulsión disciplinaria de José e Nerea, unha decisión adoptada pola organización do programa tras producirse unha grave infracción das normas de convivencia, segundo transcendeu desde o propio formato. Nerea e Jose foron substituídos por unha nova parella, e el é das comarcas!

Esta sanción supón un xiro inesperado no desenvolvemento da que é a décima edición, xa que ambos abandonan a experiencia de maneira inmediata e sen opción de continuar no proceso habitual do reality. A medida foi interpretada pola audiencia como unha das decisións máis contundentes tomadas ata o momento nesta tempada.
Precisamente tras esta expulsión prodúcese a entrada dunha nova parella ao programa: Lucas, veciño de Arzúa e de 29 anos, e a súa parella Yuli Cagna, que se incorporan á experiencia nun momento clave para a dinámica entre participantes. Onte, martes, foi o debut do arzuán e da súa parella.
PUBLICIDADE
A incorporación da nova parella prodúcese nun contexto de tensión e cambios dentro das vilas, polo que a súa presenza podería alterar os equilibrios existentes entre os concursantes. Ademais, o feito de entrar tras unha expulsión disciplinaria aumenta a expectación sobre o papel que xogarán nas próximas entregas do programa.
PUBLICIDADE
Desde Arzúa e a súa contorna, a participación de Lucas está a ser seguida con especial atención, converténdose nun dos nomes propios galegos desta edición do reality.








Comentarios