top of page

O alumnado do colexio de Palas de Rei coñece aos nosos heroes de carne e óso

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Durante este mes os distintos profesionais de emerxencia están visitando o centro educativo para fallarlles do seu labor, tal e como informa a ANPA


Laura Moure/Palas de Rei

É primordial ensinarlle aos cativos accións importantes da vida que lles axude no seu día a día e que incluso, lles sirva nun futuro para salvar vidas. E isto é algo que se está facendo no centro educativo de Palas de Rei, tal e como nos informa a Asociación de Nais e Pais (ANPA). "Estamos facendo no colexio o mes de emerxencia", cóntanos este colectivo.

Os bombeiros no colexio de Palas de Rei. Autor: ANPA do centro.

Pero... en que consiste esta iniciativa? Pois é unha actividade moi interesante para os cativos e que ademais é moi importante que todos, grandes e pequenos, coñezamos e lle deamos valor ao labor que fan os distintos grupos de emerxencia que nos axudan cando estamos en apuros e cando suceden traxedias.


O venres pasado, tal e como nos relata a ANPA, desprazaráronse a este centro educativo os Bombeiros de Chantada e Lugo. "Fixeron un simulacro e o alumnado realizou as preguntas que quixo e logo ensináronlles as distintas funcións dos camións", apunta Muriel Méndez, a presidenta da ANPA.


Mentres, onte, xoves, foi a quenda do Exército de Terra do CMT de Parga. Estes profesionais conectaron cos máis pequenos da casa e contáronlles en que consiste e o seu traballo.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"O venres que vén agardamos ás ambulancias da Cruz Vermella e para o último venres dispoñeremos de distintos efectivos da Gardia Civil, da Policía Nacional e da Policía Local", adianta a presidenta da ANPA.


Así que os máis cativos están tendo a sorte de ver de cerquiña aos nosos heroes de carne e óso.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page