top of page

O alcalde do Pino preside a reunión informativa sobre as actas acordo da parcelaria de Gonzar

A normativa establece 1 mes de prazo para presentar recursos de alzada e 2 meses para facer permutas voluntarias dende que se reciba a carta


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, presidiu o venres a reunión informativa na que a xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña e persoal técnico lle comunicaron as persoas propietarias da parcelaria de Gonzar que van recibir unha carta coas parcelas que lle foron asignadas no proceso de concentración. Un proceso que se denomina acta de acordo.


Belén Mosquera explicou que unha vez recibida a carta, os propietarios teñen un mes de prazo para presentar un recurso de alzada ante a conselleira de Medio Rural e dous meses

de prazo para facer permutas voluntarias con outros propietarios.

Na reunión, técnicas da Consellería explicáronlle as preto de 200 persoas presentes os

pormenores do proceso, e insistiron en cales son os motivos polos que se pode recorrer, e como poden facer permutas con outros propietarios.


Manuel Taboada agradeceu a presenza da veciñanza e explicou a rapidez coa que se está a desenvolver este proceso, ao presentar hoxe as actas de acordo, apenas seis meses despois de que se presentase a proposta previa.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Técnicos da consellería explicaron que nas cartas que van recibir os propietarios xa figuran

as parcelas que lle foron asignadas a cada unha. Os planos coa distribución das novas fincas poderán consultarse no local social de Gonzar ou na páxina web da Consellería (neste enlace).


A parcelaria de Gonzar afecta a 528 propietarios, que entregaron 7.750 parcelas, que agora se converten en 857 fincas. Delas, 779 novas fincas son asignadas aos propietarios e ás 78 restantes quedan como masas comúns.


Publicidade


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os técnicos explicaron que as superficie media das leiras antigas era de 1.081 metros

cadrados, mentres que a media das novas parcelas é de 9.975 metros cadrados (case unha hectárea).


Ata o momento houbo 68 propietarios que presentaron 76 alegacións. Delas, 45 foron estimadas, outras 20 estimadas parcialmente e e11 alegación foron desestimadas. A maioría das alegacións estaban motivadas por desacordos dos propietarios coa localización das novas parcelas propostas ou co plan de cultivos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page