O alcalde de Palas reunirase coa Subdelegada do goberno de Lugo para tratar varias deficiencias
- ecosdacomarca

- hace 16 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O alcalde de Palas, Pablo Taboada, manterá unha reunión coa nova Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, para tratar o estado da N-547 ao seu paso por Palas de Rei sobre todo no tramo urbano da vila.

Publicidade
Na reunión, a que tamén se prevé a asistencia de representantes de Demarcacións de Carreteras do Estado en Galicia, servirá para ver outras cuestións, como a reposición dos viais afectados polas obras da autovía A-54 ou a reparación do firme da rampla de Cubelo.
Publicidade
"Todas elas competencia do Estado e que están causando importantes molestias ós vecinos/as da zona e usuarios das mesmas", tal e como recalca o Concello.








Comentarios