top of page

O actor e monologuista Federico Pérez Rey, pregoeiro da 51ª Festa do Queixo de Arzúa

A cita renderá unha homenaxe ás persoas emigrantes de Arzúa


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo 2026 renderá unha homenaxe ás persoas de Arzúa que, ao longo da historia, tiveron que emigrar fóra de Galiza para buscar un futuro mellor, nun acto de recoñecemento colectivo a unha parte fundamental da memoria e identidade do pobo. E hoxe mesmo, anunciou, que o pregoeiro desta edición será o actor e monologuista Federico Pérez Rey.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Desde finais do século XIX e ao longo de varias xeracións, centos de arzuáns e arzuás marcharon cara a distintos destinos, tanto europeos como americanos. Moitos emigraron a países como Alemaña e Holanda, mentres que outros fixeron camiño cara a países latinoamericanos como Arxentina ou Venezuela, formando comunidades no exterior que mantiveron sempre un forte vínculo coa súa terra de orixe. Un dos destinos máis importantes da emigración arzuá foi Niedereschach (Alemaña), localidade coa que Arzúa mantén unha relación moi especial. Alí viviron e traballaron durante décadas moitas familias de Arzúa, creando unha comunidade forte que mantivo vivos os lazos coa terra de orixe e deu lugar a vínculos de amizade, cooperación e intercambio que perduran ata hoxe.

Ramiro Iglesias, Ángeles Regueiro, Xesús Carril, Ramona Aller e Ramón Fernández.
Ramiro Iglesias, Ángeles Regueiro, Xesús Carril, Ramona Aller e Ramón Fernández.

No caso da emigración europea, moitas destas persoas traballaron na construción, na industria e en fábricas, desempeñando labores duras e esixentes que permitiron soster ás súas familias desde fóra. Cómpre salientar tamén o papel fundamental das mulleres emigrantes, que traballaron en tarefas como a costura, o servizo doméstico, a atención a fogares e o coidado de persoas, ademais de asumir unha parte esencial da carga familiar e emocional da emigración. Nesta edición da Festa do Queixo, as persoas Ramón Fernández Mera, Ramona Aller Camino, Ángeles Regueiro Codesido e Ramiro Iglesias García serán as homenaxeadas, en representación de todas aquelas mulleres e homes que tiveron que marchar para poder construír un futuro mellor, tanto para eles como para as súas familias.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, sinala que: “Desde o Concello de Arzúa queremos render unha homenaxe sincera a todas aquelas persoas que, ao longo da nosa historia, tiveron que emigrar fóra da súa terra na procura dun futuro mellor. O seu esforzo, sacrificio e valentía forman parte da memoria colectiva do noso pobo. Con esta edición queremos recoñecer a súa achega e manter vivo o seu legado, que segue moi presente en Arzúa.”


Con esta homenaxe, a Festa do Queixo 2026 reafirma o seu compromiso non só coa celebración gastronómica e cultural, senón tamén coa memoria histórica, o recoñecemento social e o agradecemento a unha xeración que fixo posible o presente de Arzúa.

Por outra banda, o pregoeiro da 51ª Festa do Queixo xa ten nome: Federico Pérez Rey. Naceu en Alemaña en 1976, pero é de Mazaricos. Filólogo galego pola USC, traballou coas palabras como asesor lingüístico en cine e televisión… ata que decidiu subir ao escenario e poñer o corpo. Desde entón, construíu unha traxectoria sólida e recoñecida:

  • Teatro: O florido pénsil, A leituga, O montacargas, Memorias dun neno labrego

  •  Cine: Cuñados, Encallados, As bestas

  •  Televisión: Era Visto, Padre Casares…

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Este ano será a súa voz a que abra oficialmente a 51ª Festa do Queixo, unindo lingua, cultura, memoria e identidade nun pregón que promete quedar na lembranza, tal e como sinala a organización da festa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page