top of page

O 19 de xaneiro haberá unha xornada de granxas abertas na comarca da Ulloa

O número máximo de persoas para a visita é de 20 e serán elixidas por orde de inscrición


Laura Moure/A Ulloa

O Sindicato Labrego Galego organiza a X Xornadas de Granxas Abertas na comarca da Ulloa que terá lugar o 19 de xaneiro.


A visita arrancará ás 11:00 horas ca parada no concello de Guntín para coñecer a Gemma e o seu proxecto Cabuxa Natur de cría de cabritos e venda directa dos mesmos.


Ás 13:00 horas será a quenda da horta de Casa de Ribeiras -Produción Ecolóxica situada en Xermade (Palas de Rei) onde Dani explicará como realiza a venda directa da súa produción.


Ás 14:30 horas o asistentes farán unha parada para xantar nun lugar habilitado, que dependendo do tempo será ao aire libre ou non. Cada persoa deberá levar o seu xantar.


Por último, ás 16:00 horas coñecerán da man de Ana Corredoira en Palas de Rei a Granxa das Cernadas e o seu proceso de venta directa do leite Sen máis.


Os interesados poderán obter máis información ou inscribirse a través do correo mocidade@sindicatolabrego.com ou do teléfono 981 554 147 (preguntar por Nesi ou Conchi). O número máximo de persoas para esta visita é de 20, que se elixirán por orde de anotación e enviaráselle a localización para a quedada.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page