O 112 Galicia xestiona máis de 70 incidencias por mor da meteoroloxía adversa
- ecosdacomarca

- hace 38 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Desde as 00:00 horas deste mércores ata as , o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia xestionou 72 incidencias derivadas dos efectos da chuvia e do vento que afectan á comunidade.
A provincia da Coruña foi a máis afectada, con 29 incidencias rexistradas, seguida da de Pontevedra, con 18, Lugo, con 14, e Ourense, con 11.
A maior parte dos avisos estiveron relacionados coa presenza de árbores e pólas nas estradas, que supuxeron 53 dos casos contabilizados. Tamén se recibiron 5 avisos pola existencia de cables nas estradas e outros 4 por restos de accidentes ou obxectos varios nas vías de circulación.

Aínda que a práctica totalidade das incidencias foron de carácter leve, o 112 Galicia destaca varios sucesos salientables, sen que se rexistrasen danos persoais.
Así, arredor das 08:00 horas, na N-640, entre os puntos quilométricos 42 e 43, en Vilaxe (A Pontenova), unha persoa sufriu unha saída de vía cando intentou esquivar unha árbore caída na estrada.
Pola súa parte, sobre as 07:30 horas, un particular contactou co 112 Galicia desde a Rúa da Potiña, en Fisterra, ao verse afectado polas inundacións provocadas pola chuvia, que tamén estaban a anegar parte da súa vivenda.
Publicidade
Por último, arredor das 04:30 horas da madrugada, un particular informou ao servizo de emerxencias de que parte do alumeado de Nadal caera sobre un vehículo aparcado na rúa Ramón de Valle-Inclán, en Vigo.
O Centro de Atención ás Emerxencias continúa a facer seguimento da evolución do episodio de meteoroloxía adversa, lembrando á cidadanía a importancia de extremar as precaucións nas estradas e evitar desprazamentos innecesarios mentres se manteña o aviso activo.







Comentarios