O 112 Galicia rexistrou unha vintena de accidentes con motos implicadas na fin de semana
- ecosdacomarca
- 30 mar
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A piques de concluír a fin de semana, o 112 Galicia contabilizou máis de 20 accidentes con motos implicadas. Por fortuna, ningún dos sinistros resultou ser de gravidade, aínda que houbo feridos de diversa consideración.

Se atendemos á repartición por provincias, foi A Coruña onde se rexistrou o maior número de accidentes (9), das cales dous se produciron na propia cidade, mentres que os restantes ocorreron en Betanzos, Aranga, Santiago, Teo, Pontedeume, San Sadurniño e Arteixo. En función do número de sinsitros contabilizados, tras A Coruña, segue Pontevedra con 6 accidentes, que se produciron en Ponteareas, Sanxenxo, Crecente, Vigo, Tomiño e Cerdedo-Cotobade.
Publicidade
Pechan o balance as provincias de Ourense e Lugo con 5 e 1 accidentes, respectivamente. No caso de Ourense, os sucesos producíronse na propia cidade, en Ramirás, O Irixo, O Barco e Allariz. Por último, en Lugo, houbo un único accidente con moto implicada, que ocorreu na propia cidade.
Comments