Nove expositores formarán parte da primeira Feira de Nadal de Monterroso que arranca hoxe
- Laura Moure
- 23 dic 2022
- 2 Min. de lectura
A cita, que se prolongará ata mañá, terá stands de artesanía, cosmética e gastronomía e conta cunha programación moi variada e pensada para as distintas idades
Laura Moure/Monterroso
Arranca hoxe, venres, en Monterroso a primeira Feira de Nadal cunha programación moi variada e pensada para todas as idades. Prolongarase ata mañá, sábado. Terá lugar na Cúpula e albergará un total de nove expositores da zona na que abunda a artesanía, a cosmética e a gastronomía. As portas abrirán este venres a partir das 12 horas ata a medianoite.

Ademais, hoxe ás12:45 albergará o espectáculo infantil Rapazada dos 90. Un espectáculo infantil con bases, piano e voz no que se conta e canta aos nenos como era a infancia nos 90 dentro da Escenavana, un escenario móbil feito a man por monterrosinos que se
convirte nun chamativo escenario no que vai integrado luz e son.
Pola tarde, en colaboración coa ANPA do CEIP de Monterroso farase unha animación
de rúa na que os elfos percorrerán as rúas de Monterroso, esperándoos Papá Noel na
súa primeira recepción ás 18 horas, seguida dunha gran chocolatada para os máis
cativos.
Ás 20 horas será o turno de Jinetes del Trópico os que deleitarán ao público coas súas
cancións de cumbia, ritmos tropicais, electrónica, ska, reggaeton á galega e así ata un
sinfín de estilos, todos cun denominador común: facer bailar aos seus seguidores sin
parar nunha verbena irrepetible.
Por último, ás 22 horas será o turno do DJ local O neto do rubio que deleitará aos asistentes cunha gran variedade de música que fará bailar a todos os asistentes.
O sábado o horario da feira será de 10 a 14 horas e haberá hinchables e obradoiros
para que os papás e mamás ou avós podan facer as súas últimas compras tanto no
recinto da Cúpula como no comercio da vila, sendo un programa de conciliación aberto
a todas as familias.
Ás 11 horas Papá Noel fará a súa segunda recepción oficial na súa casa móbil na que
fará entrega aos máis pequenos de regalos moi doces gracias á colaboración coa
empresa A túa xanela asentada na vila.
Para axudar a todos os monterrosinos que máis o precisen estará habilitado tamén un
rincón solidario de recollida de alimentos de Nadal no que os asistentes poderán facer
a súa aportación.
Ademais durante toda a feira haberá servizo de bar grazas a colaboración coa SD
Monterroso que se encargarán de proporcionar servizo de restauración. "E como non, haberá servizo de wifi gratis xa que a Cúpula conta con este novidosos servizo. Ademais comercios e restauración da vila participan na campaña En Monterroso, sen ir máis lonxe na que por cada compra ou consumición entras no sorteo de 1.000 euros en tarxetas moedeiro para consumir na vila, para incentivar as compras de nadal e dinamizar economicamente Monterroso", recalca o Concello.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments