top of page

Monterroso albergará os días 23 e 24 a primeira Feira de Nadal con distintas actividades

Os interesados en poñer un posto teñen de prazo para anotarse ata o 19


Laura Moure/Monterroso

Monterroso acollerá a primeira Feira de Nadal que terá lugar na Cúpula os días 23 e 24 de decembro. "Contaremos con postos de artesanía e outros produtos para que merques algúns dos teus agasallos de Nadal, música, outras actividades para todas as idades e moitas sorpresas", informa o Concello. A programación na imaxe:


Os interesados en poñer un posto terán de prazo ata o 19 de decembro para facer a inscrición. Poden consultar as bases e obter toda a información no Facebook do Concello de Monterroso. ( https://www.facebook.com/concello.monterroso )

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Lembra apoiar tamén ao pequeno comercio e visitar as tendas da vila, onde poderás atopar de todo e participar na campaña En Monterroso, sen ir máis lonxe para o sorteo de 1.000 euros en tarxetas monedeiro de 50 euros", recalca o equipo de goberno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page