top of page
Foto del escritorLaura Moure

Nova campaña con 1.800 euros en premios e benvida de 9 novos socios á Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda

Laura Moure/Silleda

Arranca unha nova campaña da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda (ECOS) para a dinamización do comercio local, na que se poñerán en xogo tres premios en forma de vales de compra por un importe total de 1.800 euros. Unha campaña que xa presenta a súa segunda edición trato éxito acadada coa previa celebrada o ano pasado.

Con ela estrénanse ademais os 9 socios novos que vén de incorporar a asociación: XOIARIA SEDELA, CERVEXERIA O REFUXIO, AGROSERVICIOS ALBERTO, CAFÉ O ENCONTRO SILLEDA, PREVEAROSA AGENCIA DE SEGUROS, ADRIAN CARNICEROS, MGS SEGUROS,  BEABЁ ROUPA E COMPLEMENTOS E SANDRA CHAO ASESORA FINANCIERA.

Isabel Nuñez, tesoreira da asociación e Silvia López, presidenta da mesma.

Mercar en Silleda suma e multiplica é o nome da campaña  e a súa duración vai do mércores 13 de marzo ao domingo dia 31 de marzo sendo o sorteo o día 3 de abril e incluíndo nela, por tanto, o período de compras que se da pola celebración do Día do Pai.


Fomentarase que os clientes merquen durante o período da campaña en establecementos ECOS, garden os tickets e cando teñan un mìnimo de 50 euros en compras (pode ser cun so ticket ou a suma de varios, dun só establecemento ou de varios) poden participar deixando os mesmos nun sobre co seu nome nos establecementos ECOS. O importe dos tiquets que irá no sobre é a cantidade que cada xogador "aposta".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Sorteo

Todos os sobres cos tiquets dentro irán a unha urna. Noutra urna introduciranse tres sobres coas seguintes opcións: multiplica por 2, multiplica por 5 e multiplica por 10, e outros tres sobres coas opcións: suma 100€, suma 150€ e suma 200€. Á hora de sacar os premios collerase un sobre de cada unha das urnas, co que o sobre premiado pode, ben sumar ou ben multiplicar, dependendo do que saia da segunda urna.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para cada un dos tres premios hai un máximo:

PREMIOS:

1º PREMIO: O importe total dos tiquets do sobre da primeira urna pode sumar ou multiplicar polo importe que saia no sobre da segunda urna ata un máximo de 1.000 euros.

2º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 500€

3º PREMIO: Pode sumar ou multiplicar ata un máximo de 300€

(OS PREMIOS SERÁN VALES DE COMPRA PARA GASTAR NOS COMERCIOS ASOCIADOS).


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page