top of page

Nenos e nenas de Touro participan nun obradoiro para potenciar a igualdade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Touro

O concello de Touro impulsou e realizou este martes un obradoiro para nenos e nenas en idade infantil e xuvenil co obxectivo de potenciar a igualdade entre sexos. O Concello reafirma o seu compromiso para promover cambios de valores na sociedade de Touro e, sobre todo, no ámbito educativo e entre os máis pequenos, que son o referente de futuro.


No obradoiro créaronse dúas propostas dinámicas e de carácter interactivo, a través das que as nenas e nenos aprenderon a importancia da corresponsabilidade doméstica e das palabras e accións que se desempeñan no día a día. Mediante un xogo de roles, os máis pequenos percorreron un circuíto con escenificacións das diferentes tarefas do fogar, nas cales elas e eles foron quen de lavar a louza, ir á compra ou por exemplo, poñer a mesa.

Por outra banda, e destinado ás nenas e nenos de maior idade, levouse a cabo un teatro-forum. Esta actividade mostrou diferentes xogos teatrais a través dos cales as persoas participantes convertéronse en protagonistas da propia obra. Da man de diferentes ferramentas visuais, e baixo a temática de igualdade, as nenas e nenos interactuaron e representaron momentos da vida cotiá.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page