Nace o Club de Atletismo Antas de Ulla
- ecosdacomarca

- hace 6 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O municipio de Antas de Ulla continúa ampliando as posibilidades para practicar deporte e, nesta ocasión, faino coa creación do Club de Atletismo Antas de Ulla, unha nova entidade "que vén a enriquecer o xa amplo catálogo de disciplinas deportivas coas que contamos no municipio", sinala o Concello.

"Unha vez máis, queda demostrado que Antas de Ulla aposta firmemente polo deporte, incorporando ano tras ano novas oportunidades para que a veciñanza poida practicar actividade física, fomentar hábitos saudables e compartir valores como o compañeirismo, o esforzo e a superación".
Publicidade
Pero este crecemento, saliento o Concello, "non sería posible sen todas as deportistas e deportistas que apostan polo noso concello, levando con orgullo o nome e o escudo de Antas de Ulla nos seus equipamentos e representándonos alá onde compiten. Grazas por facer máis grande o deporte no noso concello!".
PUBLICIDADE
Desde o Concello deséxanlle "moita sorte e moitos éxitos ao novo Club de Atletismo Antas de Ulla, convencidos e convencidas de que este proxecto que agora comeza traerá grandes logros e moitas alegrías para todo o municipio. Moita forza nesta nova etapa e a correr cara ao futuro!".








Comentarios