Música e deporte, protagonistas da fin de semana no Nadal de Silleda
- Laura Moure

- hace 14 minutos
- 2 Min. de lectura
Hoxe celébranse senllos torneos de fútbol solidario, o concerto da Banda Municipal de Silleda con Serafín Zubiri e a festa Pre Fin de Ano
Laura Moure/Silleda
Deporte e música protagonizarán hoxe, sábado, as celebracións do programa de Nadal no Concello de Silleda. Durante a xornada, haberá dous torneos de fútbol solidario así como o concerto de Nadal da Banda de Música de Silleda.
No campo da Gandareira, a SD Bandeira organiza un encontro solidario, que disputarán os equipos Senior e Veterano do clube ás 12:00 horas, con recollida de alimentos. E ás 16:00 horas a Escola de Futbol de Silleda leva ao pavillón César G. Fares outro clásico do Nadal: o torneo solidario de fútbol biberón ca participación do equipo anfitrión, o da SD Bandeira, das Escolas de Arzúa e da SD Cruces. Este torneo solidario contará con recadación en favor de Aupa Deza.

Ás 19:30 chegará ao pavillón 1 da Semana Verde unha das grandes citas musicais do Nadal: o concerto da Banda de Música Municipal de Silleda, que celebra o seu 25 aniversario cunha homenaxe a Nino Bravo na que participará o coñecido cantante, músico e compositor Serafín Zubiri. Xa pola noite, na praza Juan Salgueiro de Silleda celebrase a festa Pre Fin de Ano organizada por Xuventude Silleda en colaboración co Concello. Será a partir das 23:00 horas cas actuacións dea Charanga BB+, o grupo Supermirafiori e un DJ sorpresa.
As actividades do Nadal retómanse o luns día 29 -logo de que se aplazara o obradoiro de iniciación a DJ previsto para o domingo. Así, o luns ás 13:00 horas celebrarase diante do Concello a sesión de Tuba Christmas, con alumnos, alumnas da EMUSI e integrantes da banda que repasarán algúns dos clásicos navideños.
Publicidade
Ás 19:00 horas, no Centro Social dos Maiores, volta o Ensaio de Fin de Ano, con pinchos, uvas e cotillón con baile amenizado por Suso de Melide, unha cita na que está prevista a participación de máis de 100 persoas.
O martes día 30 a rapazada será a protagonista, ca festa de fin de ano no pavillón de Silleda , na que non faltarán inchables e outras propostas, a partir das 17:00 horas.
Publicidade
E o mércores 31 a carreira de San Silvestre encherá as rúas da vila nunha cita que volve combinar deporte coa despedida do 2025 na praza Siñor Afranio, organizada polo Concello de Silleda e o club Trasdeza Trail Ruan. A última xornada do ano rematará cunha festa de Noitevella na praza Juan Salgueiro ca actuación de DJ Marcos Kintana a partir das 1:00 horas.
A semana rematará o venres día 2 de xaneiro cunha sesión de cine en familia no Salón Parroquial Santa Eulalia, ca proxección da película “Amigos imaginarios”, ás 18:00 horas.








Comentarios