Máis de 200 persoas participan no Desfile de Entroido do Pino, seguido por numeroso público
- Laura Moure

- 24 feb
- 2 min de lectura
A Charanga NBA abriu o desfile dunha festa que rematou coa actuación da orquestra Trébol
Laura Moure/O Pino
O primeiro desfile de Entroido organizado polo Concello do Pino foi todo un éxito. Máis de 200 persoas participaron no XXVI Concurso de disfraces e percorreron as rúas do pobo nun desfile que foi seguido por numeroso público e celebrado este domingo de Piñata tras ser aprazado a semana anterior polo mal tempo.

A Charanga NBA abriu a comitiva entroideira, que saíu das inmediacións do colexio e, pola
rúa do Concello, se achegou ata a casa consistorial, aplaudido por numeroso público que aplaudiu a orixinalidade dalgúns dos disfraces.
Publicidade
Un grelo namorado co seu ramo de rosa, a deusa da noite, as dúas Marías, a cesteira, o cigardelo, os policías, o rato Pérez co seu dente, a música andante, os vikingos do Tambre
ou As craiolas que molan, ou a Arca de Boqueixón foron algúns dos disfraces que percorreron as rúas dos Pino. Pechaba o percorrido a comparsa A maxia de Cerdeiriñas, da Asociación Culutural Garatuzas, de Piloño, na que participaban máis de 40 persoas
chegadas dende Vila de Cruces.
Tras rematar o desfile, as máis de 200 persoas participantes no desfile fixeron unha pequena actuación na praza de Forcarei para que o xurado puidese facer a correspondente avaliación para establecer os premios.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Os gañadores nas diferentes categorías no Concurso de disfraces do Pino foron:
Infantil: A deusa das ás da noite e O grelo namorado.
Individual: A cesteira.
Parella: Ó fin nos independizamos.
Grupo: As pitas de Vilachá, toda unha vida confinada.
Carroza: O tren turístico de Bama.
Comparsa: Inserso de cuarto da ESO
Máis orixinal: A maxia de Cerdeiriñas.
A festa rematou co concerto da orquestra Trébol.







Comentarios