top of page

Máis da metade do rural palense xa está cuberto con fibra óptica, segundo o Concello

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei continua coa instalación da fibra óptica nas diferentes parroquias do municipio. A administración local colabora coa empresa Rede Aberta para achegar a fibra óptica ñas parroquias do municipio, nunha aposta pola mellora das conexións de datos e acceso a internet na zona rural do municipio. Nunha reunión mantida entre o alcalde, Pablo Taboada, e o responsable do Operador ubicado en Palas (Rede

Aberta dispón de Oficina Comercial propia, nesta localidade) cifraron que nestes momentos o 60% do rural palense está cuberto con fibra e agardan que no primeiro trimestre do vindeiro ano, se acade o 75% de cobertura do territorio e a máis do 80% da poboación.

O rexedor considera “a fibra como básica hoxe en día para a vida no rural e como instrumento necesario para fixar poboación no interior da comunidade" e establece "como horizonte temporal, o ano 2023 para acadar o 95% do territorio palense cuberto por fibra e o 98% da poboación do municipio”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page