Morren varios animais tras incendiarse unha corte
- ecosdacomarca

- 27 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Onte produciuse un incendio nunha granxa no lugar Casas de Veiga, en Ganade, no concello de Xinzo de Limia. Segundo informou o alertador que chamou ao 112 Galicia para dar aviso, ao fío das 14:30 horas, pensa que o lume é na zona da caldeira.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O 112 Galicia informou aos Bombeiros Xinzo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil Xinzo, Urxencias Sanitarias 061, Confederación Hidrográfica Miño Sil, Medio Ambiente Xunta de Galicia, Central provincial de Incendios, e Concello.
Publicidade
Cando conseguiron extinguir o incendio, sinalaron que ardeu unha cuadra de animais e que moitos deles faleceron.







Comentarios