Morre un home de 83 anos no incendio da súa vivenda
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia foi coñecedor deste incendio uns dez minutos antes das 6:00 horas desta madrugada, logo de que un particular indicase que cheiraba a queimado e que escoitara a unha persoa pedindo axuda na rúa de Cruz Verde.
Publicidade
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, da Garda Civil, da Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Betanzos.
Publicidade
Despois de que acudiran os servizos de emerxencia, estes indicaron que un home de 83 anos falecera, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida. Por outra banda, os bombeiros, logo de sufocar o incendio, indicaron que este puido terse orixinado nunha estufa. Ademais, o lume chegou a afectar a un colchón e a unha mesa.

Non houbo que lamentar máis persoas afectadas por este incendio.










Comentarios