top of page

Montserrat Varela presenta en Arzúa 'Historias de muiños e muiñeiros/as na cerna de Galicia'

A cita será hoxe ás 20:00 horas na Capela da Madanela


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa levando a cabo os actos da segunda edición da programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno que pretende ser un lugar de encontro ofertando cine, música, literatura e actividades nas parroquias, entre outras propostas dirixidas a públicos de todas as idades.Esta nova programación contará hoxe venres, día 20 de febreiro, cun acto de presentación do libro Historias de muiños e muiñeiros/as na cerna de Galicia de Montserrat Varela Vázquez, que acadou unha mención especial recoñecida por parte do xurado do XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais polo seu traballo etnográfico. O acto terá lugar ás 20:00 horas na Capela da Madanela e a autora estará acompañada de Xosé Luis Martínez Risco, en representación da Fundación Vicente Risco e de Concepción Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.

Esta publicación trata do patrimonio etnográfico material pero fundamentalmente do patrimonio inmaterial: costumes, tradicións, prácticas dos oficios, folclore, etc. Para isto, recolléronse literalmente as palabras de case corenta informantes, que contan en primeira persoa as súas vivencias e experiencias de vida durante o século XX e parte do XXI. Ademais destas historias verídicas, compleméntase este texto con cantigas populares, poesías e contos.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

María Montserrat Varela Vázquez é traballadora social, escritora e investigadora. Traballa nos Servizos Sociais do Concello de Vilasantar desde hai máis de trinta anos e exerceu tamén en Boimorto. Formou parte da agrupación Cantigas e Agarimos e da directiva da Asociación Cultural Social e Recreativa Casa Agraria de Santiago, así como da xunta directiva de GALIX.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

En 2009 pronunciou o pregón da 34ª Festa do Queixo en Arzúa, sobre o traballo das mulleres labregas. É autora de varios libros, ensaios e artigos, entre os que destacan Na memoria do Pobo: oficios, contos e cantigas (Premio Vicente Risco 2005) e Convivencia entre natureza e superstición na tradición popular galega (Premio Ferro Couselo 2006).

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, anima a asistir a esta presentación “porque ademais de falar do propio libro, será unha posta en común de interesantes contidos sobre a nosa cultura popular”. Ademais, García aproveita para “darlle os parabéns á nosa veciña Montse Varela, por toda a súa traxectoria e por esta mención en particular”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page